|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Amor de Tango
|
|
Queizán, María Xosé(EDICIONES XERAIS)
Precio:7,099999924€
176 páginasISBN: 8483023407. 1ª edición Título sin Existencias |
María Xosé Queizán constrúe a novela da súa propia cidade e constrúe, ó mesmo tempo, a novela dunhas certas mulleres de Galicia. Non de calquera muller. Velaquí as rapazas activas, ilusionadas, decididas a descubrir o mundo e a súa propia condición naqueles albores esperanzados dos anos 20 e, sobre todo, dos anos 30. (El Correo Gallego). Para as persoas que aprecian o significado pleno dunha narración que combina intimidade, localismo e historia miúda con retratos e pinceladas realistas, Amor de tango é unha experiencia para gozar. (Kathleen N. March, World Literature Today, Oklahoma). Amor de tango é un fermoso canto de amor á urbe atlántica de Galicia, liberal e pioneira en tantas cosas, ás súas xentes traballadoras, a aquelas primeiras obreiras das fábricas de sardiñas que tanto fixeron polo avance desta cidade, á Ría en concreto e ó mar en xeral. (Xoán Acuña, Atlántico Diario). Margot é a transmisión da sabedoría. Da avoa recibe a capacidade que a salvará de tanto desastre, a capacidade para ver o que foi e xa non é, o recordo, as imaxes, a palabra. (Chus Pato, Festa da Palabra Silenciada). Unha amena reconstrucción do Vigo da República e da represión Franquista, a través dos recordos de Margot. (Diccionario da Literatura Galega).
Otros clientes que compraron Amor de tango, también compraron: |


|