Libro

As aventuras de Breogán Folgueira

  • Ed. Xerais
  • Darío Xohán Cabana , y Fausto C. Isorna
  • ()
  • 112 páginas;
  • ISBN-13: 9788497825405
Cómpralo ahora con Gastos de envío GratisComprar As aventuras de Breogán Folgueira
Resumen:

Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores. Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas. O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada víaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema. Unha tarde que lía o Amadís, posto en galego polo señor Ferrín, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de Denís, un compañeiro da súa clase. E así foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis. Ó longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de Denís, que lles permitan verse e viví-lo seu primeiro amor adolescente. Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.
Política de privacidad
Copyright © Agapea Factory S.A 2024