NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Cuarteto con Piano

Cuarteto con piano
Villanueva Prieto, Xosé Manuel(Edicións Xerais)
Precio:25,74€
584 páginas

ISBN: 8475071678. 1ª edición (18/06/2003).
Título sin Existencias


Catro músicos, Ana, Amalia, Antonio e Anxo, son convidados á casa pacega de dona Clara Ferreiro, unha rica viúva, imbuída do ideario romántico, que perdeu as dúas pernas no accidente de tráfico no que morreu o seu home. Durante catro días do nadal de 1981, os músicos ensaiarán alí os catro movementos dunha peza de corda de Brahms que deberán executar o día do primeiro cabodano do empresario Augusto Haltés. No mesmo tempo e nun espacio moi próximo, o mozo Alberte alias Karpov espera ordes para atentar contra a vida dun rico industrial da vila.
“Cuarteto con piano” de Xosé Manuel Villanueva desvela as vivencias e as tensións sociais que se producen nunha vila industrial galega en crise, a principios da década de 1980, un tempo de desconcerto e perplexidade, á vez que afonda en temas como as dificultades da convivencia, o terrorismo, a clandestinidade, o amor ou o sexo. Unha extensa novela de grande alento narrativo, escrita coa precisión do cirurxián e a minuciosidade do investigador policial. Unha grande novela sobre a tensión da expresión artística e sobre as raíces profundas da traizón, da ansia e da saudade.