Libro

Catapulta

  • Ed. Xerais
  • Alfonso Álvarez Cáccamo
  • ()
  • 112 páginas;
  • ISBN-13: 9788475079288
Cómpralo ahora con Gastos de envío GratisComprar Catapulta
Resumen:

Catapulta, un libro de dez relatos cheos de humor desbordante que fai as ledicias de quen o le. Por Catapulta pasean eses protagonistas comúns, rutineiros, dos que tanto gusta o autor, que sempre teñen algo que dicir e que na maior parte dos casos nos sorprenden no momento máis inesperado do relato. Alfonso Álvarez Cáccamo búrlase mesmo do oficio dos escritores en relatos como "Asesoría literaria" e "Priscilo sen medo" (un conto que acabará por sobrecoller ó lector), xogo do que tampouco deixa fuxir á crítica. O humor chega a ser o tema central de "Velocidade da luz", relato fermoso e sorpresivo. En "Catapulta", o relato que dá nome ó volume, Alfonso narra as peripecias de dous estudiantes que están a facer o exame de selectividade. Hai ademais outro novo factor, presente en moitos dos relatos, que constitúe un aliciente engadido para o lector: os finais sorpresivos (como acontece en "O inmenso sacerdote"), que ás veces son cómicos pero outras deixan paso a un lóstrego de tensión de incerteza. Todo un pracer, mergullarse neste dez novos relatos de Alfonso Álvarez Cáccamo, destas xentes de oficio, deste labirinto dos sorrisos e as sorpresas. Moi recomendable.
Política de privacidad
Copyright © Agapea Factory S.A 2026