Libro

Ideoloxía e distorsión

  • Edicións Xerais
  • Sampedro, Francisco
  • ()
  • 20 páginas;
  • ISBN-13: 9788483021453
Cómpralo ahora con Gastos de envío GratisComprar Ideoloxía e distorsión
Resumen:

o concepto de ideoloxía é confuso e equívoco.
Disto dá fe o que o rexistro da opinión entende por el. En realidade, todo: ideas, ideais, crenzas, credos, mentalidades, concepción do mundo... Partindo da acoutación dos dous grandes usos -descritivo e pexorativo- que a teoría fai do termo e da súa fonteira nunca nidiamente delimitada, este libro pretende amosar que a distorsión cruza estructuralmente a formación imaxinaria en que consiste a ideoloxía, en tanto que representación que ubica ao suxeito constituíndo a súa medida coa realidade. Alén do positivismo e dos posmodernismos, que de xeito antagónico anuncian a superación da ideoloxía, esta xurde como insuperábel, amosando, aínda na súa dimensión distorsionadora, unha condición interna do pensamento e anticipando os postulados dunha razón práctica que ofrece o esquema organizativo da vida cotiá.
Analízase o estatuto filosófico do concepto de ideoloxía partindo da denominada episteme do século XX, a que inauguran os discursos de Freud, Marx e Nietzsche, xa que os tres inician -na heteroxeneidade dos seus respectivos campos e presupostos- unha loita contra o resultado dunha historia que, simultaneamente ao establecemento dos valores, borra a súa base material.
Política de privacidad
Copyright © Agapea Factory S.A 2026