Libro

A bufanda verde

  • Ed. Xerais
  • Margarita Menéndez; Víctor Nado Sanjuán
  • ()
  • 24 páginas;
  • ISBN-13: 9788497821506
Cómpralo ahora con Gastos de envío GratisComprar A bufanda verde
Resumen:

Pedro non atopa a súa bufanda verde e pon o seu cuarto patas arriba para atopala. A nova colección “Paseniño” de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.
Política de privacidad
Copyright © Agapea Factory S.A 2026