|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Mundiños
|
|
Xavier Vázquez Álvarez(Ed. Xerais)
Precio:6,45€
ISBN: 84-8302-079-3. Título sin Existencias |
Xavier Queipo, do que xa publicamos Contornos en 1995, volve ó ataque con Mundiños, nova serie de textos a medio camiño entre o ensaio erudito e a narración de curiosidades un chisco ficcionadas, que nos propón un exercicio de reflexión: reparar nas estrañas formas de vida dos animais, un exercicio de humildade, mesmo filosófico, moi conveniente para os cerebros dunha especie en extinción coma a nosa. Esta segunda entrega de apuntes de filosofía natural, terá no futuro inmediato continuidade nun terceiro libro, que Ferros publicará, por termos a convicción de que Queipo é un dos novos autores galegos cun proxecto literario máis ambicioso, diverso e singular. |