|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega O Centro do Labirinto
|
|
Fernández Paz, Agustín(Edicións Xerais)
Precio:10,50€
216 páginasISBN: 848302117X. 1ª edición (15/05/1997). Título sin Existencias |
A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.
Otros clientes que compraron O centro do labirinto, también compraron: |




|