|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Paraxes Naturais de Galicia I
|
|
Vélez, Enrique; Pereiro, María Carmen(EDICIONES XERAIS)
Precio:26,700000080€
280 páginasISBN: 8483022885. 1ª edición Título sin Existencias |
Galicia é un país de natureza privilexiada, unha sucesión de espacios naturaís que ofrecen paisaxes fermosas e ecosistemas excepcionais. En Paraxes naturais de Galicia, Enrique Vélez e María Pereiro ofrécenlle ó lector a posibilidade de percorrer 263 paraxes naturaís, agrupadas en 40 itinerarios que van acompañados de fotografías, mapas, esquemas e unha sinxela pero eficaz análise dos aspectos científicos máis sobresalientes de cada zona. A obra está estructurada en dous volumes complementarios pero de uso totalmente independente. O primeiro, Paraxes naturais de Galicia (I): O litoral, está dedicado ás paraxes da beiramar e configúrase como unha continua e fermosa viaxe a través de praias, illas, cantís, lagoas costeiras, enseadas, furnas, rías, coídos e múltiples puntos de interese próximos á costa. |