NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

As Horas Sucias

As horas sucias
Jaureguizar Ortiz de Zárate, Santiago(Edicións Xerais)
Precio:13,36€
176 páginas

ISBN: 8483026740. 1ª edición (23/10/2001).
Título sin Existencias


O xornalista televisivo Carlos Seoane dirixe na Canle 69 da cidade de Lugo o magazine diario Estamos.com. Seguidor de Elvis Presley e da comunidade esenia da amizade, Seoane consideraba que o seu programa, para superar o quince por cento de cota de pantalla, debía resumirse “nunha mestura equilibrada de noticias de mañá, bágoas de tarde, tetas de noite, e algunhas carallas multirraciais”, unha receita que Indalecio Guilfrei, o propietario da cadea, consideraba infalible; en definitiva, rexerse por aqueloutra máxima expresada por Xabier Salguetti, o productor do seu programa: “espectacularidade e sentimentalismo: audiencia”. Para atopar “noticias novicias”, como a el gustaba chamarlle ás exclusivas que puideran poñer por diante á Estamos.com das Crónicas Marcianas de Tele 5 ou dos programas brancos emitidos pola canle rival, Famigal, Seoane non dubidaba en emitir mentiras ben contadas, convencido de que nas ondas se travestirían en verdades absolutas. Velaí como o equipo do seu programa pretendía conseguir en exclusiva as imaxes do secuestro do narrador Manuel Rivas por parte dun grupo neonazi nun encontro de escritores no Concello co gallo das festas patronais. Secuestro o do famoso escritor que resultará equivocado e dará pé á desaparición de Federico Rodríguez Novo, o arqueólogo responsable do informe de patrimonio sobre a conveniencia de construír un centro comercial no antigo foro romano, feito que intentará desvelar o subcomisario de policía Alberte Sanxil.
As horas sucias supón a volta de Jaureguizar á novela negra, á reinvención do xénero negro galego convertido polo escritor lucense en “negro de batea”. Narratividade trepidante, linguaxe fresquísima, humor delirante, presencia constante da televisión convertida en espello da sociedade contemporánea, cotidianidade exhuberante, e a cidade de Lugo convertida en escenario dunha trama de intrigas, corrupcións e escandalos urbanísticos.

Otros clientes que compraron As horas sucias, también compraron:


Españois Todos
Españois Todos
Toro Santos, Xesús de
160 pág.
17,94 €