|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega A Guerra do Tabaco
|
|
Carlos G. Reigosa(Ed. Xerais)
Precio:11,50€
ISBN: 84-8302-061-0. Título sin Existencias |
Carlos Conde ollou longamente o nome de Remixio Caaveiro, sen pestanexar. A súa cabeza, estimulada pola repentina aparición, traballaba coma unha batedora, a todo meter, e a remexelo todo. Datos e máis datos cruzaban polo seu caletre en complicadas combinacións. Porque Carlos Conde sabía ben quen era Remixio Caaveiro. E que aquel non era un accidente de tráfico máis. E non o era porque non podía selo. Porque ían xa sete accidentes de tráfico inexplicables de persoas vencelladas a un mesmo labor: o contrabando de tabaco (e non só de tabaco). Demasiadas coincidencias. Sete accidentes que nunca saíron das páxinas de sucesos dos periódicos nin mereceron máis liñas cás doutros feitos da mesma índole. Sen embargo, Carlos Conde, que levaba ben a conta, sabía que aquel era o sétimo, e que detrás deste número agachábase unha realidade máis complexa. ¿Quizais unha guerra que ninguén coñecía? ¿Unha guerra clandestina, silandeira, sen nome?.
Otros clientes que compraron A guerra do tabaco, también compraron: |





|