|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Matádeo Mañá
|
|
Rodríguez, Elixio(EDICIONES XERAIS)
Precio:19,100000840€
18 páginasISBN: 8475078346. 1ª edición Título sin Existencias |
Elixio Rodríguez confesa que a meirande paixón da súa vida foi -e segue sendo- o nacionalismo galego, do que fixo causa dende a súa militancia nas Mocidades Galeguistas de Bande, das que foi fundador, ata o seu exilio na cidade de México, onde actualmente reside. Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrucción do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo relentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ó bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega que presidía Roxelio R. Bretaña, e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, ''xermolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego'', en palabras do historiador Elixio Villaverde. Un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande aportación á nosa memoria colectiva. |