|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Morte dun Viaxante
|
|
Miller, Arthur(Edicións Xerais)
Precio:10,50€
152 páginasISBN: 8483027402. 1ª edición (30/08/2002). Entrega: De 1 a 7 días contra reembolso por agencia urgente*
|
Willy Loman traballou como viaxante de comercio durante toda a súa vida para conseguir o que todo home desexa: mercar unha casa, educar aos seus fillos e proporcionarlle unha vida digna a súa muller, Linda. Ten sesenta anos e, extenuado, pide un aumento de soldo, pero llo negan e acaba sendo despedido “polo seu propio ben”, pois xa non rende no seu traballo como antes. Todo parece derrubarse para Willy: non poderá pagar a hipoetca da casa, e por riba, os seus dous fillos Biff e Happy, non conseguen abrirse camiño na vida. ¿Non se sacrificou Willy para que estudiasen e gañasen unha posición? A medida que avanzan as horas, os problemas de Willy Loman medran de xeito imparable, pero o viaxante vive outra realidade, noutro mundo: ¡soñou tantas cousas!. Foi un bo traballador, un bo pai e home: ¿onde está o erro?, ¿nel ou nos demais? ¿como pode mellorar a súa situación? “A traxedia de Willy Loman reside en que deu a súa vida ou a vendeu para xustificar que a estragara”, escribiu Arthur Miller, quen a propósito da triste vixencia desta obra dixo: “Que siga habendo tantos Willy Loman no mundo se debe a que o home se somete ás necesidades da sociedade e da tecnoloxía, aniquilándose como individuo. Pero a obra trata de algo aínda máis primitivo. Como moitos dramas clásicos, é unha historia sobre a violencia no seo das familias”. Morte dun viaxante é un dos textos dramáticos máis importantes do século XX -incorporada á colección de Libros do CDG, coeditada por Xerais e o IGAEM, en traducción de María Xosé Moia Ansede-, non só polos seus valores dramáticos, senón por que ademais asistimos á mirada de Miller sobre as miserias e grandezas, sobre as serviduemes e as glorias do pobre home de a pé que se deixa enganar polo espello dunha sociedade aparentemente libre, pero que en realidade non o é.
Otros clientes que compraron Morte dun viaxante, también compraron: |

|