|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Comedias Paranoicas
|
|
Pernas Cora, Gustavo(Edicións Xerais)
Precio:10,50€
200 páginasISBN: 8483025000. 1ª edición (23/03/2000). Entrega: 24 a 48 horas contra reembolso por agencia urgente*
|
Estas tres comedias paranoicas critican unha sociedade do espectáculo que fagocita os seus individuos. Comedias escritas nunha linguaxe áxil, chea de ironía e sarcasmo, cuns personaxes patéticos que nos fan rir sen decatarnos de que nos rimos de nós mesmos. Textos que investigan nos límites do xénero teatral e experimentan coa dramaturxia en espiral que envolve e fai participar ó espectador. Para Anxo Abuin González o teatro fronteirizo, aberto, plurisignificativo de Gustavo Pernas é imposible de reducir a unha análise monolítica e dogmática. “O teatro de Gustavo Pernas é imaxinación, xogo e labirinto. Saudemos a un autor, por moitos anos”. |