NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Lugar

Lugar
Dans, Raúl(Edicións Xerais)
Precio:8,58€
8 páginas

ISBN: 8475079563. 1ª edición (30/01/1996).
Título sin Existencias


O respectable lector ten entre as súas mans un texto literario. Non se trata dunha nova xornalística, nin do prospecto dun medicamento, senón dunha cadea de voces reunidas baixo a vontade estética do autor, enraizado fondamente no eido da literatura.
O lector ten entre as súas mans o texto orixinal, no idioma no que foi concibido. Goza, pois, do rarísimo privilexio de compartir un código comunicativo intimamente minoritario, intenso e concreto.
Pero o que vén a continuación é sobre todo e por riba de todo teatro. Non só pola fasquía editorial, de feito son frecuentes os casos de poesía ou de narrativa disfrazadas de teatro, cousa que non acontece en Lugar, moi ó contrario, estamos diante dunha maquinaria dramática construída milimetricamente, tendo sempre presente unha tradición milenaria na que cada elemento responde sorprendentemente á mesma unidade esencial, de xeito que todo finalmente remata encaixando.
Un texto dramático converte por arte de birlibirloque a un lector nun director, é dicir nun creador. Non abonda con ler de corrido comprendendo os conceptos que están sobre a mesa, é preciso ter sempre presente o espacio, o vestiario, a iluminación, a atmosfera da situación, a música, o carácter dos personaxes, as súas ilusións e emocións, a simultaneidade dos seus movementos pola escena, e todo isto en función dunha concepción estética e dunha visión do mundo na punta da lingua. Raúl Dans sabe tamén que escribe para directores, e a súa voz de autor intervén o mínimo a través das acotacións escénicas demostrando un fondo respecto pola liberdade dos outros creadores, sexan directores, actores, escenógrafos, iluminadores...