NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Fálame Sempre

Fálame sempre
Cid Cabido, Xosé(Edicións Xerais)
Precio:15,86€
152 páginas

ISBN: 8497820738. 1ª edición (18/11/2003).
Título sin Existencias


“Fálame sempre” é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos a tomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», que arrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen á man, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno –en quen todos nos recoñecemos– contra o mestre infame... E claro, séntese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamén os Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.