NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Bailarina

Bailarina
García Seixas, Manuel(Edicións Xerais)
Precio:15,86€
232 páginas

ISBN: 8483024055. 1ª edición (17/09/1999).
Título sin Existencias


Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción.
Bailarina propón unha fantastica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta.
Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, “Imaxes para Bailarina” e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela que será acompañarán as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.