NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Contos Malvados

Contos malvados
Borrazás Fariña, Xurxo(Edicións Xerais)
Precio:11,13€
10 páginas

ISBN: 8483022060. 1ª edición (13/03/1998).
Título sin Existencias


Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.
Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son ' coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.
A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... O comisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe de Borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en " Iniciais " e " O poeta el " - despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ouro dunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu " traballo " ... O dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do Sahara...
Contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. O que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para disfrute do lector.