|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Morte de REI
|
|
Cabana Yanes, Darío Xohán(Edicións Xerais)
Precio:17,68€
16 páginasISBN: 8483020696. 1ª edición (30/12/1996). Título sin Existencias |
Morte de Rei é unha extensa novela histórica, rigorosamente documentada, na que Darío Xohán Cabana reconstrúe, nove séculos despois, a figura do reí Don García, destronado e encadeado de por vida polos seus irmans, Don Afonso e Dona Orraca, e que encarna a frustración do que puido ser o antigo Reino de Galicia. Toda a novela está contada dende un ángulo, o do protagonista, onde realidade e soño se confunden. Don García de pé, aferrollado, cangado de grillóns diante do mirador, contempla o mundo máis aló das serras: A patria xalundes, o reino perdido para sempre. Recibe a visita de Amaro Érniz, o derradeiro amigo, personaxe que fará de necesario contrapunto na novela. Don García, consciente dos estragos do tempo, sofre pola memoria do pasado, a ensoñación da infancia, o anhelo da beleza confinado na prisión dos seus soños... a soidade... a viaxe imposible ó paraíso perdido que o levará ó final por el elixido. |