|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Lumefrío
|
|
Caride Ogando, Ramón(Edicións Xerais)
Precio:11,60€
10 páginasISBN: 8475078389. 1ª edición (30/11/1994). Título sin Existencias |
Coa conciencia definitiva e esmagadora do noso fracaso irreparábel, sento diante do teclado por última vez para gravar o informe final, que constará neste banco de datos, relativo ao chamado " Proxecto T " . Anoto que, á beira da miña man dereita, repousan un paquete de tabaco, as chaves da miña casa á que non tornarei endexamais e un frasco con cápsulas de veleno, o máis fulminante que puiden achar nos depósitos de medicamentos deste centro. É difícil sobrevivir a unha soa cápsula, imposíbel a dúas; eu tomarei xuntas as cinco que restan no frasco para acelerar a fin á que non teño xeito de fuxir e que tampouco desexo agardar máis. |