|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Fins do Mundo
|
|
Graña Villar, Bernardino(Edicións Xerais)
Precio:11,39€
10 páginasISBN: 8475073913. 1ª edición (15/07/1989). Título sin Existencias |
En 1974 publicou un fermoso libro de relatos: Fins do mundo, animado por Raimundo Patiño. Eran historietas inspiradas nas súas vivencias da infancia á beira do mar do Morrazo (Nerga, Donón, Tirán, Bío, Cangas, Aldán...), tipos humanos, anécdotas e paisaxes marcadas polo humor e a ternura. Daquela descubrimos un Bernardino Graña singularmente dotado para o relato, coñecedor da tradición oral e fácil comunicador. Esta nova edición de Fins do mundo, quince anos despois, ofrécelle ó autor a posibilidade de revisar o texto e actualizalo, pero respeta a frescura daquel primeiro día. Engade unha historia nova, que no seu momento quedara no caixón, O estudiante que quixo ser burro (recreación dos seus anos na Universidade de Santiago), e unha carta-prólogo onde explica o devalar do tempo. Libro de amena lectura que trae arrecendo de mar e o encanto lonxano dos Paraísos Perdidos.
Otros clientes que compraron Fins do mundo, también compraron: |




|