NOVEDADES
- Especial Nueva Oferta de Empleo 2007: Servicio Andaluz de Salud
Temario de Oposiciones y Empleo Público

Búsqueda
Registro en el sistema de avisos
Modificar Datos
Oposiciones
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Temarios
Temarios generales
Temarios estatales
Temarios autonómicos
Temarios locales
Temarios para profesores
- Oposiciones con futuro
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega

Nación, Literatura, Identidade

Nación, literatura, identidade
Figueroa, Antón(Edicións Xerais)
Precio:15,34€
176 páginas

ISBN: 848302604X. 1ª edición (27/03/2001).
Título sin Existencias


Como a figura artística no tapiz, os textos literarios vanse urdindo na trama social. Sen embargo, o texto e o tecido social responden a lóxicas diferentes. A lóxica propia do texto artístico, aínda utilizando materiais do tecido, responde a unha dinámica autónoma, emprega un capital <> que produce beneficios e responde a intereses simbólicos distintos. Constitúe en principio un campo autónomo. Pode, con todo, acontecer que ámbalas dúas lóxicas se enreden, sexa porque nun momento histórico o texto artístico realiza de feito funcións <> explícitas e conscientes cando o campo literario aínda non está ben deslindado, ou sexa porque, constituído o campo artístico, el mesmo se vexa tentado por intereses doutro tipo.
O ámbito literario galego, situado nun entorno social que intenta conformar a súa identidade, aínda contando hoxe cunha maior autonomía real, participa nesta tensión histórica e semella manter un certo grao de consciencia e de <> social patentes na comunicación artística e tamén nos discursos teóricos que a estudian, que, por iso mesmo, deben imporse un grande esforzo de racionalización e de reflexión.
Este libro intenta achegarse a esta dinámica complexa, revisar discursos teóricos que levamos incorporados e, ó mesmo tempo, propor vías de análise renovadoras; se o mundo literario galego necesita pensarse para manterse, máis vale tratar de buscar instrumentos eficaces que o estudien. O concepto aberto de campo literario permite entrever ese proceso social complexo no que se insire o xogo artístico e ofrece a posibilidade de incidir nel se reparamos en como a literatura se vai urdindo na trama histórica.