|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega A Galicia Irredenta
|
|
López Mira, Álvaro(EDICIONES XERAIS)
Precio:15,89999996€
15 páginasISBN: 8483022044. 1ª edición Título sin Existencias |
¿Qué é a Galicia irredenta? Neste libro preténdese facer unha descrición do que foi territorialmente Galicia por contraste co que é, unha nación noutrora expandida polo que hoxe forma oficialmente parte das Comunidades Autónomas de Asturias e Castela-León cara ó leste, e polo sur no actual Estado portugués ou, aínda mellor, no que orixinalmente foi Portugal. A historia de Galicia é tamén a historia paulatina reducción do seu territorio. As características comúns que se atopan no abrente do século XXI van moito máis aló da mera coincidencia; xa non é só a afinidade cultural, sociolóxica, lingüística ou xeográfica que se mantén, senón que hai unha tristeira unidade de sentimento causada polo constrictivo abaixamento dos dous Estados ibéricos cara ó antano poderoso Reino de Galicia, independentemente das artificiais fronteiras nas que se encadraron as súas terras e á marxe de que se ubique nesta ou noutra provincia. A nós tócanos proclamar como os Estados e outras formas de organización política discorren na historia, pero o pouso da nación permanece nas distintas xeiras históricas.Nesta obra faise unha incursión novidosa na espiñenta cuestión do irrendentismo territorial galego, enlazando pasado e presente, sen deixar de esculca-lo futuro posible, anceiando chegar a unha complitude político-cultural de Galicia que, ineludiblemente, deberá afrontar antes a súa complitude territorial. Non en van a etimoloxía da palabra redención significa liberación da escravitude.
Otros clientes que compraron A Galicia irredenta, también compraron: |

|