|
Temarios de Literatura > Novela y Narrativa Gallega Poesía Popular en Galicia 2
|
|
Blanco, Domingo(Edicións Xerais)
Precio:24,86€
23 páginasISBN: 8475076858. 1ª edición (30/12/1992). Entrega: 24 a 48 horas contra reembolso por agencia urgente*
|
Velaquí o segundo volume dun escrupuloso e brillante traballo de recopilación, ordenamento e edición da nosa poesía popular: a memoria dos nosos cancioneiros de tradición oral, que constitúen un dos máis ricos tesouros do patrimonio. literario. Cantigas e foliadas, coplas de amor ou traballo, alalás e seituras, angueiras e vendimas na voz anónima do noso pobo durante xeracións. Unha parte do máis profundo espírito creador da nosa xente. Dende as primeiras mostras que en 1745 recolleu o Padre Sarmiento ata o importante corpus do Cancionero Popular Gallego (1885-86) de Pérez Ballesteros, nun período de máis de 140 anos, de a cabalo de dous séculos, o autor destes volumes ordena, describe, sistematiza e interpreta agora a poesía popular de Galicia con ollos novos e novos modelos críticos, sen dúbida moito máis clarificadores: 6.400 textos, 2.900 dos cales ven a luz nestas páxinas por vez primeira. A edición vai acompañada dun importante aparato de interpretación, comentarios, máis de dúas mil notas e variantes, 3.912 textos base, que fan desta obra unha aportación fundamental neste eido de tan profunda significación e, paradoxicamente, tan pouco coñecido.
Otros clientes que compraron Poesía popular en Galicia 2, también compraron: |

|